Thursday 02 de May de 2024

Adxudicada por máis de 885.000€ a rehabilitación integral do instituto de urtis


A plataforma de contratación da Xunta publica a resolución de adxudicación desta obra, que ten un prazo de execución de cinco meses

A Xunta investirá 885.336,68€ na rehabilitación integral do instituto IES de Curtis, tal e como se recolle na resolución de adxudicación desta actuación, que se acaba de publicar no portal Contratos de Galicia, cun prazo de execución de cinco meses.

O obxectivo da obra é mellorar tanto o benestar da comunidade educativa como a eficiencia enerxética das instalacións. Para iso, actuarase nas fachadas, ás que se dotará dun novo revestimento exterior con SATE e instalación dun zócalo antihumidade na zona inferior. Tamén se substituirá a cuberta de tella por outra de panel sándwich e cambiaranse as fiestras por outras de aluminio con dobre cristal e illamento térmico, incluíndo as persianas e as súas caixas.
Todas estas medidas combinadas permitirán acadar un aforro enerxético do 26% de media no conxunto do complexo educativo constituído por un edificio principal e os edificios de talleres e aulas, que se eleva ao 41% se se ten en conta só o edificio principal.

A actuación enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, a folla de ruta do Goberno galego para o deseño de centros educativos máis innovadores, sostibles e confortables.